Reforzo escolar, idiomas, pedagoxía…

No centro de estudos Tempos queremos ofrecer un servizo integral os alumnos, por iso, ademais de clases de reforzo escolar, a preparación dos exames de setembro e as clases especiais de técnicas de estudo para alumnos con problemas de aprendizaxe, temos outros servizos como:

IDIOMAS

O centro de estudos Tempos ofrecemos clases de Idiomas enfocadas a alumnos de tódalas idades. Dende os catro anos, os máis pequenos da casa poden asistir a clases “English for Kids” e aprender inglés falando, con material didáctico audiovisual e dixital, mesturando xogos tradicionais con outras actividades tamén moi divertidas.

Para os máis novos, a variedade de actividades extraescolares é moi ampla, ademais do inglés para peques, o centro organiza periodicamente talleres infantís de educación ambiental, teatro, contacontos...

PREPARACIÓN EXAMES OFICIAIS

En Tempos preparamos a xente nova ou adulta que desexe presentarse aos exames oficiais de inglés, francés, galego ou español como lingua estranxeira. Realizamos traducións especializadas e xuradas nun amplo abano de combinacións lingüísticas.

FORMACIÓN ADULTOS

Os cursos de idiomas non son a única actividade formativa destinada aos adultos, en Tempos organizamos cursos intensivos de diferente índole e que poden ser de gran interese como o de técnicas de busca de emprego. Ademais, preparamos os exames oficiais de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de acceso a Graos Medio e Superior e de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.

PSICOLOXÍA EDUCATIVA

Na actualidade dispoñemos dun novo servizo de atención psicolóxica educativa destinado aos nenos, adolescentes e adultos. Ademais dos servizos de avaliación e diagnóstico (individual e colectivo) e talleres educativos de diferente índole, periodicamente levaremos a cabo charlas informativas sobre temas de relevancia psicolóxica.

Contacte con Tempos Centro de Estudos

Póñase en contacto con nós e informarémoslle sobre as actividades que levamos a cabo no noso centro.