Academia de ensino en Ponteareas

Academia de ensino en Ponteareas

Técnicas de estudo, comprensión lectora, logopedia...

Atención personalizada e grupos reducidos

Tempos é un centro de estudos multidisciplinar situado nunha das rúas máis céntricas de Ponteareas que ofrece un gran número de servizos e actividades relacionadas coa educación e a formación enfocadas a alumnos de todas as idades. Entre elas, destacan talleres infantís de diferente índole, clases de reforzo escolar ou cursos de idiomas.

Os docentes altamente cualificados de Tempos, imparten clases de reforzo escolar para alumnos de todos os cursos, nas que poderán afianzar coñecementos e despexar dúbidas para así obter bos resultados ao final de curso. A atención é personalizada e os grupos son reducidos.

Para aqueles rapaces con algún tipo de dificultade de aprendizaxe, en Tempos ofrecemos clases especiais de técnicas de estudo e programas de psicomotricidade, logopedia, comprensión lectora e dislexia. Contacte connosco para máis información.

Atención personalizada e grupos reducidos

Servizos que pode atopar en Tempos

Clases de idiomas

Para alumnos de todas as idades

Preparación exames oficiais

Inglés, francés, galego ou español para estranxeiros

Talleres infantís e actividades extraescolares

Para alumnos de todas as idades

Atención psicolóxica educativa

Para nenos, adolescentes e adultos

Traballamos con nenos e adultos

Traballamos con nenos e adultos

En Tempos Centro de Estudos non só traballamos con nenos, pois tamén contamos con opcións para adultos. Por exemplo, dispoñemos de cursos intensivos de diferentes tipos como poden ser técnicas de busca de emprego. Tamén os axudamos a preparar os exames oficiais para sacar o título de inglés, galego, francés o castelán. Se necesita preparar os exames para sacar a ESO, ou para acceder a ciclos ou universidades, en Tempos atopará a axuda que precisa.

Outro dos servizos que podemos ofrecer son traducións especializadas de diferentes idiomas. Como poder ver en Tempos Centro de Estudos estamos preparados tanto para traballar con nenos coma con adultos, polo que se precisa axuda nalgún dos campos mencionados non espere máis e contacte coa nosa academia.

Por que confiar en Tempos?

Experiencia

Levamos anos axudando os nosos clientes na nosa academia de ensino en Ponteareas polo que contamos cunha ampla experiencia neste sector. Somos a súa mellor opción na zona.

Atención personalizada

En Tempos traballamos con grupos reducidos, o que quere dicir que todos os rapaces reciben unha atención personalizada, perfecta para que poidamos centrarnos nas dificultades de cada un e axudalos a avanzar e a superalas.

Prezos económicos

Sabemos que para unha familia, criar un neno é un gasto moi alto, por iso en Tempos ofrecemos unhas tarifas totalmente económicas e adaptadas ós petos dos nosos clientes.

O noso centro

As nosas redes sociais

Visite a nosa páxina de facebook para informarse das últimas novas relativas ós cambios de horario, comezo de novos cursos e actividades...

Facebook Instagram

Consulte as súas dúbidas

Pode realizarnos calquera consulta escribíndonos ao noso correo electrónico ou ben chamando ao noso teléfono. Atenderémolo encantados e resolveremos todas as dúbidas que poida ter.

Contactar con Tempos